La segunda lengua
12,00€
01-10-2014
118 páginas
Edición bilingüe
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977), licenciouse en Filoloxía e realizou estudos audiovisuais na Coruña. Activa dinamizadora cultural, dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da Crítica – Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014), o Festival de Poesía PONTEPOÉTICA en Pontevedra e o Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador” na illa de San Simón. Alén diso, ofrece obradoiros literarios, recitais, videopoesía e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do país, por toda Europa e América, ademais de Tunisia, China ou Xapón. Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005) e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Foi responsable de mostras poéticas colectivas, de traducións de poesía e de edicións literarias. Aparece representada en numerosas revistas especializadas, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais e estranxeiras, así coma en numerosos festivais internacionais de poesía, téndose traducido en parte a máis de quince linguas. Premio da Crítica Española 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009 (ao mellor poemario publicado en España por un autor/a mozo/a, escollido tamén por El Cultural coma un dos 5 mellores libros de poesía editados ese ano en España) e Premio Fundación Novacaixagalicia entre outros. Yolanda Castaño conta con seis poemarios individuais (entre os que salientan Vivimos no ciclo das Erofanías, O libro da Egoísta, Profundidade de Campo ou A segunda lingua), edicións bilingües dos mesmos para Visor libros, un par de escolmas persoais, algunhas plaquettes e catro libros de poesía infantil, ademais de obras asinadas como editora e tradutora.
Hay existencias
Valoraciones
No hay valoraciones aún.